PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 3 de febrero de 2012

Propostas dos lectores

Sara Campos González  de 1º ESO A comenta dous libros

 Título: Dúas bágoas por Máquina

Este libro cóntanos a relación tan entrañable que hai entre un canciño chamado Máquina e a súa dona, Xusta. Ao pasar os anos, a familia da nena decide desfacerse do can, sen que ela o saiba, motivo polo que Xusta padecerá un gran sufrimento. Esta novela é moi tenra e emotiva; nela reflíctese a lealdade e fidelidade de Máquina á familia, o que fará que Xusta o leve sempre no seu corazón, e mesmo lle servirá para decidir o seu futuro.

Título:Camiño perigoso

Alba é unha nena que con trece anos perde a seus pais, entón decide ir na súa procura. Polo camiño acontécenlle moitas aventuras e terá que enfrontarse a situacións de perigo, medo e moitas adversidades para acadar o seu cometido. Nesta novela de carácter histórico atopámonos con acción, amor, amizade e intriga. É moi entretida e fácil de ler, ademais serviravos para acercarvos ao noso pasado.

Un saúdo, Sara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario