PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 13 de marzo de 2012

Divulgación Científica


Dende a biblioteca colaboramos co departamento de matemáticas na divulgación científica

Dentro do ciclo de divulgación da astronomía, coordinado desde o “Observatorio Ramón María Aller da USC” e co patrocinio da FECYT “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología” conmemorando os seus 10 anos de existencia e tendo por título “O sol, a nosa estrela” os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do IES Poeta Díaz Castro  asistiron a unha actividade impartida polo matemático, e astrónomo do Observatorio “Ramón María Aller” Pedro Pablo Campo.

A primeira parte da actividade consistiu nunha conferencia na que amosou como é a nosa estrela, desde o núcleo ata a coroa, mostrando as diferencias que hai no seu interior e a relación que estas gardan cos distintos niveis de temperatura, como e por que se produce a enerxía que se desprende, seguindo coa análise dos seus ciclos a súa relación coas labaradas, as auroras, os lazos e a influencia que estes ciclos teñen no noso día a día polas consecuencias a nivel de funcionamento dos aparellos tecnolóxicos: desde os teléfonos móbiles aos satélites artificiais A última parte da conferencia tratou da vida do Sol e como pode ser a súa morte.

A continuación a segunda parte da actividade foi a observación do Sol a través dun telescopio, en pequenos grupos, desde o patio do instituto, visualizando as manchas solares moi visibles ao estar nun período de máxima actividade solar e destacando a demostración do porque non se poden facer observacións directas do disco solar, senón que se teñen que facer mirando o seu reflexo nun papel o cartolina, polo risco de queimar a retina dos nosos ollos.
Os alumnos puideron facer preguntas ao longo de toda a conferencia o que a fixo moito máis dinámica e participativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada