PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 7 de marzo de 2012

PROPOSTAS DOS LECTORES


Título: As flores radiocativas
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais

Tania Campello Saa de 1º ESO comenta unha obra de Agustín Fernández Paz

Este libro cóntanos a historia dunha nena chamada Alba que foi pescar co seu mellor amigo Xabier a una lagoa. Como Alba e Xabier non pescaban nada foron a darse un chapuzón a Praia que se atopaba moi preto da lagoa. Cando chegaron a Praia descubriron que non se podían bañar porque as autoridades advertíronlles que a auga da praia estaba contaminada por vertidos tóxicos. Pasados uns días Xabier e Alba volveron a praia de novo. Ao lonxe da praia atoparon una gran mancha brillante.
Alba contoulle esta historia ao seu irmán Lois que era un aficionado sobre as cousas relacionadas coa auga. Lois comunicoulle esta noticia aos seus amigos, a cal saíu na prensa. Como Lois , que era un aficionado do mar, e os seus amigos tamén se querían bañar na Praia non deixaron a cousa así. Decidiron realizar una viaxe en barco ata aquela mancha brillante, debido a que  ir en lanchas era una cousa imposible. Lois e os seus amigos non lle dixeron nada Alba pero esta escoitounos falar no local.
Chegou o día de ir visitar en barco aquela mancha brillante. Lois quedara cos seus amigos as 5 para merendar debido a que a viaxe en barco non comezaba ata as 7. Pero Alba foise  xa as 5 para poderse esconder no barco sen que a viran. Alba escondeuse nun dos camarotes do barco que estaba ao lado do frigorífico. Cando un dos mariñeiros ía coller os alimentos e as bebidas para merendar, decatouse que había ruídos no camarote do lado. Foi alí, veu a Alba e levouna ata a cuberta.  Na cuberta estaban o seu irmán e os seus amigos, e cando Lois viu a Alba regañoulle moito. Os amigos dixéronlle a Lois que Alba lles ía arranxar a viaxe, pero Lois dixo que xa non había marcha atrás. Pouco tempo despois, chegaron ata mancha brillante e descubriron que dita mancha era unhas flores parecidas a margaridas que brillaban sen parar. Eles  non puideron facer nada ante iso e volveron o pobo.
Xa no pobo avisaron aos traballadores de helicópteros e avións para que se desprazaran a enriba da mancha e lanzasen foguetes para que toda a contaminación se eliminara e só quedasen as flores. Cando Alba e Lois chegaron a súa casa abriron a fiestra e por ela entrou aire que levaba as flores que eles viran naquela mancha brillante.
Finalmente chamarónlles a estas flores, flores radioactivas e todos os cidadáns do pobo puideron disfrutar da auga do mar e da praia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario