PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 15 de marzo de 2012

RAP EN GUITIRIZ


O ENL e a biblioteca organizaron o pasado martes 13 (nos pasamos de sortes malas ou boas) un taller de RAP guiado por Marmelada de RE. Non días anteriores as participantes, de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron traballando as letras coas profesoras de lingua, lingua e música (gracias María, Mónica e Sandra). Por grupos ou de un en un presentaron as súas rimas e case todos (algúns deulles vergonza e outros non tiveron tempo) puideron gravar a súas propostas. Non sei si sairá algunha estrela disto, pero escoitamos cousas que non estaban nada mal. A experiencia resultou moi interesante, rimamos, aprendimos algo sobre como se fai unha gravación, descubrimos capacidades ocultas dalgúns e o pasamos moi ben. Aquí pódese ver un pouquiño do que fixemos. Nuns día poderemos escoitar o resultado final de todo isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario