COMPARTINCO CONTOS 2012


Outro ano máis celebramos o día do libro compartindo contos e lecturas cos pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana. Escollemos, coa axuda dos profesores dos colexios, unha serie de contos axeitados para cada nivel (infantil e 1º ciclo de primario) e distribuímos os contos entre os nosos alumnos. Durante a semana anterior cada lector preparou o seu conto tendo en conta a idade á dos nenos que o ían escoitar. Nos colexios organizamos os pequenos en grupos de tres de xeito que cada un dos lectores foi pasando por diferentes grupos e lendo o seu conto. Cremos que non resultou mal e que foi unha boa experiencia para os nosos alumnos. 



E os pequenos tampouco parece que o pasaran mal.
Se queres ver máis fotos pincha aquí

Comentarios