PORTUGUÉS NO IES


Portugal tan cerca e tan lonxe. Polo menos ata agora. Para o alumnado de 3º, 4º de ESO, 1º e 2º de BAC despois de  asistir o curso OPS (O Português Simples) -ideado por AGAL (Associaçom galega da limgua) e ofertado pola Diputación de Lugo- xa está un pouco máis cerca.

O curso, basicamente, consistiu en mostrar de xeito práctico os moitos aspectos comúns ou de proximidade entre galego e portugués que fan que poidamos entender esta lingua sen ningún tipo de problema a partir da nosa;  ofrecer un pequeno estudo do lugar que ocupa no mundo a lusofonía desmontando o tópico de que "o galego non serve máis que para andar pola casa", vinculando tamén este feito, ás posibilidades laborais que se abren co coñecemento destas linguas...


Comentarios