PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 18 de abril de 2012

Propostas das lectoras

Título: Palabras de caramelo
Autor: Gonzalo Moure
Editorial: Anaya

Este conto trata dun neno  xordomudo chamado Kori. Kori non ten amigos e vai a un colexio especial. Ten tres irmáns máis ,dous pequenos e unha maior. Un día o tío de Kori ensinoulle a este unha camela que estaba embarazada. Pasados algúns días  Kori foi visitar a camela e ese mesmo día nacera un cameliño ao que Kori pensou que se podía chamar Caramelo porque movía os beizos como se estivera mastigando un. Dende aquela Caramelo converteuse no mellor  amigo de Kori. Todos os días  Kori ía visitar  a Caramelo e sabía o que dicía aquel cameliño. Kori pediulle a súa profesora que lle aprendera  a ler  e a escribir para poderlle ler e recitar  os poemas a Caramelo. Un día o tío de Kori ía sacrificar a Caramelo e cando se enterou Kori escapou con Caramelo moi lonxe. Ao día seguinte a familia de Kori ao ver que este non estaba foron en busca deles e atopáronos durmindo debaixo dunha árbore. Máis tarde o tío de Kori sacrificou a Caramelo e Kori foi a recitar un poema coa dor que sentía nese momento. Kori fíxose maior e puido escoitar  utilizando un audiófono e tamén  logrou falar coa axuda da súa profesora.

Tania Campello Saá  1 Eso A

No hay comentarios:

Publicar un comentario