A min a lexión


Hoxe tivemos unha de romanos. Os da asociación CAETRA de lugo estiveron no insti para explicarnos e demostrarnos como funcionaba o exército romano e darnos a coñecer o traballo de reconstrución histórica que realizan. A charla foi moi entretida e tivemos ocasión de coñecer moitas cousas sobre os romanos e o seu exército que no vemos en clase. Na biblioteca aproveitamos para facer unha mostra cos libros, que son moitos, que temos sobre o tema. Manolito, recordando os seus tempos de lexionarios, decidiu quedarse facendo garda, para que non desapareza ningún. 





Comentarios