PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: O Raio Veloz.
Autor: Agustín Fernández Paz.
Adrián é un mozo que vive só nas aforas da cidade, e quere atopar traballo. Non quere un traballo calquera, senón aquel que lle permita coñecer xente, manter a mente ocupada, relacionarse... non quere sentirse só. Tras pescudar e pescudar, consegue ser o novo mensaxeiro da empresa O Raio Veloz. Está feliz e ledo co seu novo emprego, pero un día comeza a recibir extrañas mensaxes anónimas. Trata de investigar quen é, e, grazas á axuda de tódalas persoas que coñeceu sendo carteiro, descbre que a autora de tódalas mensaxes anónimas é Rosa, a moza da que sempre estivera namorado. Para saber cómo remata esta historia de amor, tedes que ler o libro.

EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO 

Comentarios