PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

domingo, 17 de junio de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: O Rei Oso Branco.
Autor: Tim Bowley.
"O Rei Oso Branco" é un libro que consta de dez contos diferentes, cheos de amor e desamor, ledicia e sufrimento, saúde e dor... Cada un dos relatos trata de mostrar a través dos personaxes os sentimentos do autor. Un dos contos que máis me gustou foi "A Semente". Trata dunha doce e pobre rapaza á que un día lle chega unha invitación para ser candidata á nova muller do rei. Súa nai insístelle en que alguén rico e poderoso non se ía fixar en alguén pobre e sinxelo, mais ela non se deu por vencida. Chegou ao castelo e alí, dito rei deulles un tarro e unha semente a cada unha das mozas que alí se presentaran. A que voltara en tres meses coa flor máis fermosa, sería a nova raíña. Pasaron os tres meses, e á pobre mociña non lle medrara nin unha herbiña, mentres que o resto das mozas voltaran coas flores máis fermosas que se podía imaxinar. Mais, o que a rapaza pobre non esperaba, é que fora ela a nova raíña, xa que todas as sementes que o rei repartira eran estériles, e a única que culivara a honradez, fora ela.

EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada