AXENDA DÍAZ CASTRO
Dende o curso pasado, no IES Poeta Díaz Castro son varias as iniciativas que levamos a cabo para dar a coñecer e promocionar a figura e a obra do escritor que dá nome ao noso instituto, para conmemorar o primeiro centenario do seu nacemento, o vindeiro mes de febreiro, e tamén a celebtación das Letras Galegas 2014 Anteriormente presentámosvos o Documental " A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro ", no que se recollen diferentes testemuños sobre a vida e obra do autor, algúns dos seus poemas musicados por Sandra Tenreiro, profesora de música do insti, ... Estes días, presentamos e unha nova achega das nosas actividades, a AXENDA ESCOLAR 2014 dedicada ao noso poeta. O xoves 19 de decembro un grupo de alumnos de 1º de ESO volveron outra vez ós seus coles de Parga, A Castellana e Lagostelle para agasallar os seus antigos e futuros compañeiros cunha destas axendas e ademais explicarlles por que a fixemos, quen foi Díaz Castro, ler algo de poesía e at...