A LUS DO MUNDO

O pasado venres, 13 de decembro o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz organizou unha actividade cultural na Capela de Santa María de Lugo á que asistiron alumnos dos institutos Xoán Montes e Lucus Augusti.

A actividade realizada tiña como obxectivo primordial dar a coñecer o traballo que os alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz realizaron nun obradoiro, dirixido por Cristina de la Torre da produtora de audiovisuais ?Pasen y vean? durante o curso 2012-2013 ao redor da figura do poeta da parroquia dos Vilares que dá nome ao centro. 
A presentación contou coa presencia de Marica Campo e Alfonso Blanco, que compartiron con nos os seus amplos coñecemetos sobre o poeta e a súa obra.
 Durante o acto realizaronse diversas actividades entorno a obra do poeta e agasallouse ós asistentes cunha axenda conmemorativa do centenatio do poeta
Para ver maí fotos pincha aquí
Para saber mais:




Comentarios

  1. Felicidades pola canción! Está xenial. Aos meus alumnos gustoulles moito.
    Aproveito para avisarvos dun "despiste": hai seis faltas de ortografía. Estaría ben que se corrixiran. Estes días a vosa páxina é moi visitada.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario