PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 27 de enero de 2014

DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO



O 27 de xaneiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMA DO HOLOCAUSTO E A PREVENCIÓN DOS CRIMES CONTRA A HUMANIDADE.

Na biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha mostra de libros e películas sobre o holocausto e outros xenocidios. A mostra complétase cunha serie de paneis con información sobre realizados pol Grupo Eleuterio Quintanilla do Ateno Obrero de Gijón. Na sua páxina WEB podedes atopar información do seu traballo. 
Podedes tamén baixar os carteis da exposición e un estupendo material didáctico elaborado polo grupo para traballar coa información dos carteis dende diferentes áreas.

 Durante esta semana proxectaranse nos recreos unha serie de pequenos documentais con testemuños de superviventes. Ó longo de dúas semanas publicaranse neste blog varias entradas con información sobre o tema: o holocausto no cine, o holocausto noslibros.


En internet podedes atopar unha enorme cantidade de información sobre a Shoah. Se tecleamos “holocausto judio” en google obtemos 342.000 resultados, pero ollo! Como pasa habitualmente nas buscas en google hai moito que cribar. Neste caso entre as 10 primeiras resultados atopamos algunhas páxinas espantosas (tetradespertar, bibliotecapleyades). Ademais da wikipedia tedes unha información ampla e rigorosa na páxina de UNITED STATES HOLOCAUST MEMORIALMUSEUM, na do YAD VASHEM (museo do holocausto en Israel) ou na páxina da USC Shoah foundation (fundación creada por Steven Spielberg para gravar testemuñas de sobreviventes e testemuñas do holocausto). Na páxina LECTURASDELHOLOCAUSTO.COM poderás atopar unha selección amplísimas de libros e películas sobre o holocausto, o contexto histórico no que se produce, a Europa de entreguerras, etc ordenados por temas e comentados. Podes acceder as páxinas facendo clic nos nomes ou nas imaxes.





No hay comentarios:

Publicar un comentario