PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 17 de noviembre de 2014

Biblioteca e matemática

O pasado día 7 de novembro profesora Elena Vázquez Cendón, do departamento de matemática aplicada da Facultade de Matemáticas da USC, impartíu dentro do programa "A Ponte", a conferencia titulada "As matemáticas da auga", dirixida a todo o alumnado de bacharelato. A profesora Vázquez Cendón? incidíu na aplicación práctica que as matemáticas teñen en proxectos da vida cotiá desde os referidos á mellora do sector marisqueiro nas nosas rías, os que estudan os movementos de grandes masas de auga e como inflúen na dispersión das augas residuais, estudo das posibles zonas catastróficas por inundación, solución de problemas de atascos de tráfico, etc.





   Por outra banda no vestidor do IES esta exposta "O Pricipiño e as matemáticas" exposición realizada por alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, dirixidos polo profesor Santiago López Arca, que consta de 10 carteis onde se utiliza a lectura da obra de Antoine de Saint-Exupéry, como base para profundizar en diferentes aspectos relacionados coas matemáticas como: funcións, astronomía, manexo de grandes números, notación científica, o número áureo...


Ao longo destas semanas estamos a realizar actividades relacionadas coa matemaxia nos diferentes cursos da ESO, festexando o centenario do nacemento de Martin Gardner, 21-10-1914, divulgador e defensor da utilidade das matemáticas divertidas como método para a súa aprendizaxe e moi especialmente da matemaxia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario