PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 24 de noviembre de 2014

XADREZ NA BIBLIOTECA

Organizado polo departamento de educación física e coa colaboración da biblioteca principiou o torneo de xadrez. O alumnado de terceiro, cuarto de ESO e bacharelato xogará os recreos dos xoves e o de primeiro e segundo da ESO os venres. A competición terá lugar na biblioteca. Dúas coordinadoras (alumnas de segundo de ESO) encargaranse de velar polo bo funcionamento do torneo (avisar ao xogadores, ter as fichas e taboleiros , apuntar os resultados nos paneis a entrada da biblio...). Tamén haberá dous árbitros para controlar as partidas.

Ao tempo desenvolverase unha pequena escola de xadrez para aqueles que aínda non saiban xogar. A biblioteca pon a súa disposición fichas, taboleiros o espazo axeitado e unha persoa, Victor Pollán, profesor de matemáticas e membro do equipo de biblioteca para guialos na súa iniciación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario