PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 5 de diciembre de 2014

Dende Guitiriz ó Mediterráneo: A Guerra de Troia.

O xoves 20 de novembro tiñamos unha cita importante coa historia, mitos e lendas, revivíamos nas primeiras butacas do Auditorio de Galicia “A Guerra de Troia”; un espectáculo que combinaba monicreques, narración e audiovisual de animación.
Coñecemos os seus personaxes na aula de música, descubrimos o seu papel na historia, mesmo pensamos que modos gregos eran máis axeitadas para representar musicalmente a Paris, Helena, Aquiles, Héctor..., vamos que eran xa como da familia. Viaxamos a ese lugar remoto do Mediterráneo onde as dúas nacións máis poderosas da terra enfrontáronse neste conflito bélico.
Presentáronnos na escena o traballo dos construtores de monicreques, guionistas, iluminadores,escenografía e realización audiovisual. O que máis nos sorprendeu a utilización virtuosa da voz falada a cargo dos actores que se ocupaban de dar vida expresiva os monicreques, enfado, dor, un home novo ou vello, un home ferido, o odio e forza loitando expresada a través do uso da voz falada. Os monicreques cobraron vida a só tres metros de nos, podíamos sentir a forza nos corpos de madeira e o bater estrepitoso das espadas na loita . Máis o malo de esta historia e que non tiñamos a intriga do final, sabíamos dende que nos sentamos nas butacas como terminaba este conflito bélico. Por outra banda como músicos activos e prácticos que somos no Poeta Díaz Castro, sempre dispostos a escoitar e tocar, todos botamos moito en falta a música en directo, unha pequena arpa, unha lira...aportaría forza e moito interés ó espectáculo. Algo si nos queda claro, de bicar a muller do teu amigo...nin pensalo, non imos tropezar outra vez na mesma pedra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario