PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 19 de diciembre de 2014

Durante este ano dedicado ao noso poeta a biblioteca colaborou, participou e animou moitos dos traballos que se fixeron no noso centro con tal motivo. Con eles  no so aprendemos a apreciar mellor a obra poética deste autor senón que servíronos para moito mais: dende manexar unha cámara, preparar unha rodaxe, cantar, actuar e falar en público, facer entrevistas... e sobre todo que con imaxinación, motivación, traballo, e coa colaboración de todos, profesores, alumnos, pais... podemos facer cousas bonitas, aprender e divertirnos ao tempo. Algúns dos resultados deste traballo podedes velos neste mesmo blog, pinchando aquí, ou na páxina http://alusdomundo.com/

Despedímonos deste ano co poesía, como tiña que ser, da man da Fátima, alumna de 1º de BAC

'GRAZAS DÍAZ CASTRO'


Díaz Castro querido,
que habitabas no olvido,
renaciches entre nós;
e témosche agarimo.

Contigo aprendimos,
a querer unha herba,
contigo Poeta;
firiunos para sempre...
a beleza!

Os mellores poemas,
son cantados,
un paso adiante,
i outro atrás...
grazas Díaz Castro!


Fátima Fernández García 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada