PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 10 de febrero de 2015

PREMIOS DE POESÍA

II CONCURSO DE POESÍA INFANTIL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL “NADAL 2014”


Noraboa aos tres gañadores do concurso convocado pola Biblioteca Municipal de Guitiriz: Noemí Miraz, Andrea Pérez e Alberto Fraga, os tres de 2º ESO A. Seguro que os seus profes de lingua e lengua e o seu titor están moi contentos. Os premiados no concurso local pasarán a participar na fase provincial organizada pola Biblioteca Pública Nodal de Lugo.

 Aquela vez que te coñecín
foi a noite de Nadal.
Eras aquel galopín
que me facía resoplar.

Cun pequeño tilín
convidáchesme a cear,
con aquel violín
e panxoliñas para cantar.

Contentita adormecín
para cos reis me encontrar
pero pensando en ti
eime de despertar.


Noemí Miraz Vázquez, 2º ESO A
1º PREMIO

Non só son caixas decoradas,
son soños e ilusión;
non só son luces e adornos,
son reencontros;
non só son luces e turrón,
son amores e paixón.

Andrea Pérez Calvo 2º ESO A
2º PREMIO


Por fin chega o Nadal
e con el as vacacións
tomaremos un descanso
evitando os madrugóns.

En Noiteboa a familia
toda reunida está
para compartir todos xuntos
ledicia, amor e paz.

Os nenos no Nadal
intentamos preparar
con adornos e guirnaldas
a árbore do Nadal.

Tamén poñeremos luces
para poder alumar
aos Reis Magos cando veñan
os agasallos deixar.

O mellor de todo isto
é o poder disfrutar
a familia toda xunta
desta festa especial.

Alberto Fraga Miragaya 2º ESO A
3º PREMIO

No hay comentarios:

Publicar un comentario