PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 5 de marzo de 2015

XADREZ NA BIBLIOTECA

O día 27 de febreiro xogouse no vestíbulo do instituto a final do torneo de xadrez. Durante os meses anteriores un de 19 alumos e alumnas participaron neste torneo celebrado na biblioteca do centro e organizado polo deparamento de Educación Física.
 Na final enfrontáronse Óscar Felpeto López-Beres de 2º E.S.O. e Juan Buján Aparici de 1ºE.S.O., resultando gañador o segundo.

 Na liga dos cursos superiores da ESO e bacharelato participaron 20 alumnos e alumnas de bacharelato 3º e 4º de ESO. A final enfrontou a XIANG LI de 1º de BAC e a Carlos López Pazo de 2º BAC, resultando gañador o primeiro tras unha apertada contenda.


 O Departamento de Educación Física quere agradecer aos alumnos/ás do instituto a súa implicación nos devanditos torneos e tamén á Biblioteca escolar por acollernos na súa instalación e prestarnos o material para poder xogar, así como aos profesores de matemáticas do centro Víctor Pollán e Consolo por colaborar puntuándolles aos vencedores dos torneos un punto extra na súa media final da materia, así como por brindarse nos recreos dos xoves e os venres a resolver dúbidas na biblioteca sobre o xadrez e ensinar aos alumnos/ás a xogar seguindo o regulamento do xogo, sempre con xogo limpo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada