COMPARTINDO CONTOS 2015

A LECTURA FAINOS FORTES
  

Un ano máis acudimos a nosa cita cos pequenos dos coles no día do Libro. Cen alumnos e alumnas de 1º, 2º, e 3º de ESO aprestáronse a compartir emocións, aventuras, sonos, saberes, en definitiva, lectura, cos máis pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e a Castellana. Este ano introducimos algunhas novidades.
alumnado de terceiro preparou coa súa profesora de música uns contos musicados que fixeron as delicias de grandes e pequenos. (Podedes velos no segundo Vídeo) Pola súa banda no colexio propuxéronos facer unha sólida homenaxe á lectura e aos contos. Se algunhas das formas de escritura máis antigas fixéronse sobre pedra que mellor que a pedra para deixar memoria deste día dedicado a compartir letras e lecturas. Así os pequenos prepararon as súas pedras cheas de cores a debuxos para deixar plasmada unha das moitas cousas que nos aporta a lectura “A lectura fainos fortes” Nos pola nosa banda correspondemos a esta iniciativa deixando gravado en pedra as sensacións que nos deixou esta experiencia sobre un enorme corazón.


A cousa no quedou aí. Levámonos as pedras dos pequenos ao noso centro e as depositamos arredor dunha árbore, que dende hoxe será a nosa árbore da lectura; a nosa árbore de todos os sonos, aventuras, sentimentos, coñecementos que nos dan os libros … Sólidos e fortes como a pedra e pero vivos como unha árbore, medrando con nos sen presa e sen pausa, como unha árbore chea de ramas e follas novas cada ano.





Comentarios