PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 11 de noviembre de 2015

FESTIVAL DE CINE

O luns 16 de novembro terá lugar a gala da entrega de premios das diferentes categorías do  festival de cine OUFF Escola, dentro das actividades do XX Festival internacional de cine de Ourense. Nesta edición acadou récord de participación coa presentación de 126 películas realizadas por estudantes de centros públicos e privados de Galicia. O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

Pois ala imos, xa que presentamos para este certame dúas pelis: o documental A lus do mundo e a peli “Os camiños esquencidos”.   Non sei se teremos premio ou non, pero ninguén nos quita a ledicia de ter sido seleccionados e de asistir á entrega de premios. O resto o saberemos u luns 16.



No hay comentarios:

Publicar un comentario