CONCURSO POSTAIS "MANUEL MARÍA E O NADAL"

BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS

Esta é a postal gañadora do nos concurso “Manuel María e o Nadal” Trabábase de facer unha postal navideña pero inspirada nos versos dalgunha das panxoliñas escritas por Manuel María. Valoramos non so a calidade da postal senón tamén a relación entre os versos e o debuxo. Deste xeito principiamos a celebración do ano de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016

Pero... Quen foi a gañadora?

Lucía Campos González de 3º ESO

A súa postal foi elixida para desexar un ano cheo de boas lecturas, cine e música a toda a comunidade educativa de Guitiriz. Así, fixemos chegar a todas as familias do noso alumnado a postal e un tríptico con recomendacións de libros para ler e agasallar.


Gracias ao alumnado de 1º BAC que colaborou con eficacia para facer os sobres coa postal e o tríptico nun tempo record (Que menos despois de estudar o Taylorismo en clase de Historia)


Comentarios