DESPEDIMOS O 2015. BO ANO PARA O CENTRO

O venres 18, último día de clase do ano 2015, xuntámosnos no salón de actos profesorado, alumnado, pais e nais para recordar os traballos realizados estes anos e que nos levaron a ganar o "Premio Nacional al desarrollo de dompetencias de lectoescritura e audiovisuais" 2015. Tratábase tratábase de celebrar con toda a comunidade educativa de Guitiriz este premio que non cae todos os anos. Estiveron con nos os da Fundación TIC de Lugo que gravaron parte do acto. Aquí o tedes:




Pero ese día non nos limitamos a recordar o que xa fixemos. O alumnado de 4ºESO presentou un traballo audiovisual creado na aula de música, sobre a figura de Manuel María, Letras Galegas 2016. A música, composta pola súa profesora Sandra Tenreiro, esta interpretada polo alumnado que foi quen se encargou tamén de gravar as imaxes.


Comentarios