PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 14 de enero de 2016

PROPOSTAS LECTORAS

Titulo: A praia dos afogados
Autor: Domingo Villar
Editorial: Galaxia

Resumo: O inspector Leo Caldas e o seu axudante veranse inmersos nun reto profesional cando un día aparece morto un mariñeiro da vila costeira de Panxón, aparentemente por un suicidio. A autopsia e un pequeño descoido do asasino desencadeará a hipótese de que realmente se trata dun homicidio; introducirase ao lector nunha investigación que relacionará este caso con outros dous acontecidos moitos anos atrás, e que semellan repercutir directamente no ocorrido. Unha moi boa obra para quen esté interesado nas novelas policíacas e o suspense narrativo.

Eva Fernández Paderne


No hay comentarios:

Publicar un comentario