PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 24 de octubre de 2016

DIA DA BIBLIOTECA


Hoxe celebramos o Día d Biblioteca. A elixida este ano para facer o pregón foi a autora galega Ledicia Costas. Gustounos tanto que decidimos lelo polas aulas para recordar a todos este día, aínda que  “Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande” como propón Ledicia  no seu pregón.

Por certo gustounos moito a visión que da dos bibliotecarios,  gracias polo deintelixentes

“As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos.”

Se queredes ler o pregón completo seguide o enlace


E se queredes ler máis cousas de Ledicia Costas achegádevos a vosa biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada