PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 7 de diciembre de 2016

CLUB DE LECTURA

TITULO: Fontan

AUTOR: Marcos Calveiro
EDITORIAL: Galaxia

Neste trimestre un achegámonos a vida e obra de Domingo Fontán coa lectura libro de Marcos Calveiro sobre a súa vida. Na duas reunións que fixemos participamos 12 alumnas, 2 alumnos (desta vez polo menos animouse algún) e o profesor. Ao longo das e dúas sesións comentamos o libro, aclaramos as nosas dúbidas, aproveitamos as opinións e interpretacións dos outros  para ampliar a mellorar a nosa lectura e puidemos poñer en relación o que alí se nos contaba co que estudamos en clase. Estas son as opinións sobre o libro dalgunhas das lectoras



Fontán é unha novela biográfica e histórica que ten como protagonista un ilustrado galego, o matemático e topógrafo Domingo Fontán (1788-1866), autor do primeiro mapa  topográfico e científico de Galicia.
Nesta novela cóntase a vida do protagonista desde o seu nacemento en Porta do Conde ata a súa morte no balneario de Cuntis. Relátanse momentos da súa infancia, de estudante en Compostela, de deputado en Cortes, de liberal que loitou polo progreso e polo espallamento das ideas da Ilustración no noso país, e do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime.
No libro hai unha grande documentación histórica do século XIX: a loita contra os franceses, a represión liberal, a loita do absolutismo contra a modernización do país..., un período entre o reinado de Carlos IV e o isabelino, é dicir, o paso do Antigo ao Novo Réxime.
Fontán paréceme un bo libro para mergullarnos na historia, xa que imos vivindo co protagonista cada intre, cada sensación e cada acontecer do seu tempo. O estilo, o léxico e a súa amenidade creo que son idóneos para recomendar a súa lectura tanto a rapaces como a adultos. Animádevos a lelo!

Sara Campos González  2º BAC

         O libro amósanos a figura do ilustrado, matemático e cartógrafo galego Fontán que nos vai introducindo na historia da primeira metade do siglo XIX. Fontán era un home adiantado ás ideas do seu tempo, que chegou a ser deputado das Cortes de Cádiz, mestre da universidade de Compostela e acabou creando o primeiro mapa topográfico de Galicia, soño que el tiña dende a infancia que se representa co inicio alegórico da escalada do penedo chamado O Mundo, a rocha da paisaxe da súa infancia. En canto á personalidade deste, é destacable o seu mal carácter e xenio desmedido, non só na Universidade cos seus alumnos, e no Congreso dos Deputados, se non tamén na súa propia casa cando descoida a súa muller e fillos en busca do soño de crear o mapa galego. Aínda que a súa entrega en corpo e alma foi o que fixo posible o final logro dos seus propósitos.
Como conclusión, recomendo este libro a todos aqueles estudantes que desexen acercarse máis a historia e vela dende a vida dun ilustrado do século XIX, partindo sempre dunha base de coñecementos para entender e poder disfrutar por completo da novela.
Lucía López Cela 

 Esta obra biográfica presenta a vida e legado de Domingo Fontán, xeógrafo galego cuxa principal aportación á sociedade foi a elaboración e promulgación do primeiro mapa de Galicia no século XIX.
          A obra representa fielmente a realidade sociopolítica que viven Galicia e España durante finais do século XVIII e boa parte do XIX. A fin do reinado de Carlos IV, as idas e vidas de Fernando VI e do absolutismo do poder e o inicio da futura consolidación do sistema liberal xogan un papel importante na vida de Fontán, liberal confeso que verá peligrar o seu traballo como catedrático e as súas facilidades para proseguir o que para el é un obxectivo vital, ademais dun importante servizo á sociedade, por mor da súa ideoloxía e da súa intelectualidade.
          Mediante esta lectura o autor non só nos permite coñecer ao gran xeógrafo que foi Fontán, senón a súa enorme cultura e formación en contraste coa ignorancia que, segundo o personaxe, invade as universidades da época (ademais de ser un gran científico e matemático tamén estuda Dereito)  e tamén o seu peculiar e pouco amigable carácter.
          É unha obra que reflexa unha ardua documentación por parte do autor e que, ademais de contido biográfico, leva explícita unha extensa mostra da situación política vivida na nosa comunidade e no resto e España no século XIX. Aínda que pode non resultar unha lectura tan entretida como unha novela, é un bo medio de coñecemento dunha importante parte da historia con gran detalle e contraste político, social e cultural.

Eva Fernández Paderne – 2º Bac


          É un libro que me parece que está moi ben para a xente que lle guste a historia e queira profundizar máis nela. Marcos Calveiro, a través do protagonista,conta a historia de España dende o comezo do liberalismo nela (17089) ata o comezo do Bienio Progresista (1866) ou sexa dende o nacemento de Fontán ata a súa morte.
          Con el aprendes dunha forma máis amena a historia de España e daste conta de que como a xente desa época vivíu esas etapas de desequilibrio político. Por outro lado aprendes un personaxe moi importante para a historia de Galicia, que é Domingo Fontán (ou eso me pasou s min) o cal fixo o primeiro mapa de Galicia.
          Unha das cousas que non me gustou foi que salta da época adulta de Fontán a época da súa nenez, polo que a veces me custou entender ben algúns capítulos.
          Un dato importante para aquela xente que queira ler este libro é que antes de nada ten que ter un pouco de coñecemento histórico para poder seguir a obra,xa que,se non é así, é difícil de lelo e entendelo.

Esther Pérez, 2º BAC


Este é un libro de Marcos Calveiro, no que se conta a historia de Domingo Fontán, que foi o primeiro en facer un mapa topográfico de Galicia.
Este  libro non me desgustou pero tampouco me encantou. É un libro que precisa ter unha serie de coñecementos sobre a historia de España no século XIX, xa que neste aparecen feitos da historia española que non se entenderían sen o previo estudo da materia.
Gustoume a maneira de engadir feitos históricos no libro xa que non o fai directamente, senón que se ven a través da vida do protagonista. Este libro tamén che axuda a comprender a situación na cal se atopaba España século XIX e permíteche ampliar os teus coñecementos sobre a época.
Por outro lado, máis ben no principio non me gustou a maneira de contar a historia, xa que salta moitas veces de tema e da lugar a confusións na lectura. Un exemplo sería o número de fillos que ten Fontán, no libro adiantase a os feitos e conta antes os fillos que ten e máis tarde cóntase en maior detalle isto. Este dato levoume a confusión xa que eu entendera que tiña 8 fillos pero en realidade tivo 7.
En resumo foi un libro que me axudou a ver mellor o que estudara, polo que é recomendable lelo pero precisa unha lectura pausada, xa que nalgúns casos como o que citei anteriormente, pódete levar a engano. Foi un libro que en xeral me gustou.

Márgarita Vidal



Trátase dunha novela histórica escrita por Marcos Calveiro. O seu persoaxe principal é Domingo Fontán que fixo o primeiro mapa topográfico de Galicia.
Esta novela relata acontecementos da vida de Fontán dende a súa infancia. Estudou en Santiago de Compostela e foi una das persoas que defendeu e loitou polo progreso das ideas da Ilustración.
No libro aparecen sucesos do século XIX como o paso do Antigo Réxime ao Novo ou  a represión dos liberais. Nesta época aparecen persoas importantes como Carlos IV ou Isabel II.
Na miña opinión para poder comprender este libro tes que ter una idea dunha parte da historia do século XIX. É una maneira diferente de aprender mediante un libro de lectura e non por un libro de texto ou apuntes, recomendo a súa lectura para alumnos do bacharelato e adultos.
Tania Campello 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada