PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 25 de enero de 2018

Pergamino Vindel e música

A HISTORIA DO PERGAMIÑO VINDEL CANTADA POLO ALUMNADO DE MÚSICA 

O alumnado de música do IES POETA DÍAZ CASTRO presenta un vídeo clip titulado DA CANTORA MADAN AGI  incluíndo linguaxe de signos, dirixidos pola súa profesora Sandra Tenreiro Doldán, conseguen  difundir a cultura e a lírica galaico portuguesa, celebrando a chegada do Pergamiño Vindel.

DA CANTORA MADAN AGI_ CANTIGA DA NAMORADA


Con música integramente interpretada por todos os alumnos que voluntariamente quixeron participar na gravación e parte da realización, participamos no Certame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística  e a Secretaría de Cultura, mais o noso vídeo non foi premiado, polo que non conseguimos a viaxe para  achegarnos a ver en Vigo o Pergamiño Vindel. Agora que saibades, que atendendo as bases da convocatoria, estamos seguros de que temos premio en integración, xa que participou todo o alumnado, independentemente do seu nivel de formación musical, que fixemos un vídeo atendendo á diversidade utilizando a linguaxe de signos, para chegar coa nosa música mais lonxe e aínda mais, conseguimos traer o mar á chaira...e iso é insuperable!!. 

A música inédita composta por Sandra Tenreiro fúndese nunha única peza coa Cantiga I de Martín Codax . Parabéns a todos!! Un paso adiante!! Grazas a todos os amigos que participaron con nós e fixeron este traballo posible!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario