LETRAS GALEGAS 2018

LETRAS GALEGAS 2018 NO IES POETA DÍAZ CASTRO

POESÍA E MÚSICA PARA A FESTA DAS LETRAS




O alumnado do centro celebraba cun improvisado escenario no patio, a festa das Letras galegas 2018. Varios alumnos desde 1º da ESO ata Bacharelato, recitaron poemas, de Rosalía de Castro, Manuel María e María Victoria Moreno.






Algúns dos alumnos que recitaron  foron tamén finalistas no centro, para concursar no certame "Rosalía sempre viva" en Outeiro de Rei.





O acto foi animado pola participación do alumnado de música, coordinados e dirixidos pola profesora Sandra Tenreiro Doldán. 
Os rapaces  interpretaron temas inéditos como o titulado "Din de nós", creado polo alumnado de bacharelato. 




Foi tamén unha xornada de acollida, xa que tivemos a visita dos alumnos de primaria, futuros alumnos de ESO. Coñeceron o centro, guiados polos nosos alumnos e cantaron con nós, para pechar o acto. Grazas a todos por facer posibles xornadas como estas.

Comentarios