POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA 

DO IES POETA DÍAZ CASTRO.



"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués


Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.  (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).



CONCURSO DE RECITADO POÉTICO






Como non podía ser doutra maneira, no IES Poeta Díaz Castro, iniciamos as nosas actividades poéticas no centro. Faremolo recordando neste video a algúns dos alumnos que xa partiparon recitando noutras convocatorias.
Iremos contando no noso blog as novidades e estratexias que levaremos a cabo, para convertir o noso centro, nun epicentro de expresión poética en movemento.






Comentarios