23 DE NOVEMBRO


XORNADAS DE REFLEXIÓN "NON é NON"

Hoxe no centro, fixemos unha parada na nosa rutina de traballo, para expoñer as nosas reflexións acerca da situación na actualidade da Violencia de Xénero. A beleza das mensaxes dos poemas e cartas que hoxe escoitamos na voz das rapazas e rapaces. Textos creados por eles mesmos que  emocionaron a compañeiros e profesores. O sentimento e a expresividade poética e artística, contra calquera tipo de violencia.

 Diferentes departamentos colaboraron coa Biblioteca para así ofrecer aos alumnos a diversidade de expresar o que senten en relación a este tema. Destacamos nestes videos algúns dos momentos vividos.


Podedes ver e escoitar o manifesto neste enlace:


 Tamén sorprenderon as creacións artísticas do alumnado de Educación Plástica nesta montaxe audiovisual sobre o tema de Rozalen, " La Puerta Violeta".

                                       

Non faltaron as cancións e danzas do alumnado de Música, que animaron ao público a participar. 




Alumnado de Música  2º E.S.O













Comentarios