O MES DA CIENCIA EN GALEGO 

PECHA CON NOVAS INICIATIVAS



     No I.E.S Poeta Díaz Castro, pechamos este venres 30 de Novembro coa semente de ideas que promoverán o interese científico, tecnolóxico e matemático no centro ao longo do curso.
 Ademais das propostas lectoras que fixeron algúns dos departamentos que colaboraron coa biblioteca, iniciamos un programa de actividades para o tempo de lecer, coa  axuda imprescindible dos compañeiros.

     O ano 2019 será o ano da Táboa Periódica, polo que este mes iniciamos unha maratón de lectura, "A Química dos Libros"; que se prolongará ata o mes de Maio. Os rapaces asociarán a súa lectura, libro, cómic...cun elemento da táboa periódica. Con cada préstamo o alumnado leva a súa táboa periódica e un par de preguntas para que busque no seu libro algún elemento químico, asociado a un capítulo, autor, título. Buscarán os elementos químicos agochados entre as liñas de calquera recurso da biblioteca.

     Os alumnos participantes na maratón teñen a súa disposición unha zona VIP de lectura para premiar ese esforzo lector.

Zona lectura relax para os participantes da maratón.

Iniciamos tamén os RETOS Matemáticos semanais, e os TANGRAM asociados ao refraneiro popular. Esta semana " Polo San Martiño os peóns (trompos) saen ao camiño".


Alumnado  traballando coa figura do Tangram.




Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña