PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 18 de diciembre de 2018

"A Química do Nadal" Concurso de Poesía e de Postais de Nadal


"A Química do Nadal"

Rematamos o mes de decembro coa realización de dous concursos na nosa biblioteca: CONCURSO DE POSTAIS de Nadal e o CONCURSO DE POESÍA de Nadal, ambos cunha difícil temática en común “A Táboa Periódica” da que conmemoramos no 2019 o seu ano internacional. Os alumnos tiñan o reto de escribir un poema que combinase o espírito do Nadal e os elementos químicos, tamén os debuxos creados para as postais do nadal, tiñan que representar dalgún xeito a asociación á táboa periódica.Aquí deixamos algun video e as fotos dos traballos expostos.




Donde se atoparán os ganadores deste ano?




Postais creadas por alumnado de 1º ciclo

 

Postais creadas por alumnado de 2º ciclo e bacharelato
                                                 
Foi unha aventura entrar neste mundo de ciencia, luces de neón, aluminio, carbón, osíxeno  e nitróxeno...sobre todo para os mais pequenos de 1º da E.S.O que deste xeito tan curioso achegábanse a participar neste concurso tomando contacto por primeira vez co que é unha táboa periódica.Seguimos tamén coa lectura dos poemas enviados para atopar nalgún deles a verdadeira "Química do Nadal".Agradecer a todos a vosa a implicación e ganas de mostrar a capacidade investigadora e creativa que tedes.O vindeiro venres resolveremos estes dous concursos. Estade atentos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario