O
pasado xoves 16 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato realizou unha
visita á USC acompañados da orientadora Yolanda e Ana, a profesora de relixión.
Nesta saída os estudantes pudieron visitar aquelas facultades que imparten
graos polos que sinten interese e desta maneira sumerxirse por unhas horas no
que será o ambiente universitario no que vivirán nos próximos anos.
Unha
destas alumnas, Thalía Fernández, considera “este tipo de visitas fundamentais
para axudarnos” aínda que “non nos
serviu de moito posto que a información que nos deron é case a mesma que
podemos atopar na páxina web”. Neste mesmo sentido Óscar López, que visitou a
Facultade de Económicas, botou en falta unha explicación máis detallada sobre “as diferenzas entre titulacións, como ADE e Economía ou
outras opcións que se ofertan”, pero si agradeceu “que dous alumnos nos
comentaran un pouco como foi a súa experiencia no primeiro ano e que cousas
lles resultaron máis chamativas.”
Outras das facultades visitadas foron as de Ciencias Políticas, Dereito,
Relacións Públicas, Xornalismo e Filoloxía. En Filoloxía Antía Sánchez quedou
moi sorprendida polo laboratorio de idiomas “nunca imaxinei que nun grao de idiomas se
puidese usar un laboratorio, pero en canto vin comprendín o seu uso: escoitar e
analizar os diferentes acentos e pronunciacións das linguas”. Tamén lle pareceu
interesante a esta futura filóloga de linguas orientais a posibilidade de facer
o grao de Linguas Modernas no que se estudan idiomas como o italiano, o francés
e o alemán.
Na Facultade de Xornalismo, tanto Antía Sánchez como Uxía López, quedaron moi satisfeitas coa
visita aos estudios de radio e televisión e lembraron con nostalxia cando visitaron por primeira vez un estudio de radio en 1º de ESO para gravar uns contos cos seus compañeiros, dentro do proxecto levado a cabo pola profesora de Lingua Castelá Elena Haz.
Nesta sala os alumnos practican radio, deben
facelo como se fose un programa en directo polo que teñen que levar un guion
preparado.
Este
é un dos platós de televisión da universidade, aquí os alumnos practican
diferentes formatos: informativos, presentacións, entrevistas…
O que diferencia a
biblioteca de Xornalismo é que conta cunha hemeroteca para que os alumnos
poidan consultar calquera xornal que precisen para as súas investigacións.
|
Ademais
de fixarse nos aspectos académicos destas titulacións os alumnos valoraron o
salto que suporá para eles pasar dun pequeno instituto rural a unha facultade “este será o
último ano no cal sexamos poucos e coñecidos e pasaremos a ser un grupo
xigantesco de descoñecidos, e aínda que asusta bastante, é bo facerse a idea”
afirma Thalía.
No itinerario científico as facultades visitadas
foron as de Enxeñería Informática, Matemáticas e Física. Nelas María Vidal
destacou o escaso número de mulleres que había no grupo e as elevadas notas de
corte que se necesitan para poder acceder aínda que iso ”non me bota para atrás”.
A experiencia foi moi alentadora para todos e viviron con expectación desde a visita ás aulas ata a comida na cafetería universitaria.
Comentarios
Publicar un comentario