O
alumnado de 2º de BAC presentamos durante a semana da ciencia un
proxecto englobado no ámbito das competencias científico
tecnolóxicas que xirou en torno a táboa periódica e o proxecto "Desconéctate", levado a cabo no centro.
Este
ano, a semana da ciencia foi dividida en catro partes, nas que se
tratou o tema global dos elementos da táboa periódica.
A primeira parte sería executada polo alumnado de 2º da ESO, na que
crearon un vídeo no que falan dos 24 elementos máis abundantes dos
seres vivos e na Terra. Xunto con estes, tamén colaboraron os
alumnos de 2º ESO PMAR, que elaboraron un xogo completamente
relacionado coa táboa periódica. Este consistiría en emparellar os
símbolos dos elementos cos seus respectivos nomes, gañando a persoa
que máis parellas teña.
Na
segunda parte, tratamos os elementos máis abundantes na Terra, na
biosfera e dentro dun Smartphone. Cabe destacar a gran cantidade de
diferentes materiais que hai nun aparello tan pequeno coma un
Smartphone.
Na
terceira parte realizamos tres prácticas moi diferenciadas.
-Unha
primeira, realizada por David, que trataba da observación de
fenómenos osmóticos en células vexetais, na cal empregando células
dunha cebola, podemos ver os fenómenos osmóticos que sofren as
células ao engadir auga destilada, producíndose o fenómeno
denominado turxencia, xa que as vacuolas inchan, ou ao engadir auga
con sal, onde podemos observar que as vacuolas das células
arrúganse, fenómeno denominado plasmólise.
-Unha
segunda, realizada por Zaira, na que observaríamos a reacción do
ácido clorhídrico co carbonato cálcico, presente na casca dos
ovos, os ósos, nas rochas, etc. Para esta práctica empregamos un
óso de tenreira, un ovo e diferentes rochas (a lumaquela por
exemplo). Ao engadir o ácido clorhídrico co carbonato cálcico
presente nos diferentes obxectos que empregamos, observamos
burbullas, isto é debido a que nesta reacción despréndese CO2.
-A
terceira práctica, realizada por min, presentouse a relación de
masas entre diferentes elementos na vida diaria, con outros líquidos
moi diferentes, dende o mel ata o aceite do motor dun coche. Para
realizar esta práctica, empregamos unha probeta de 1L, aceite do
coche, anticonxelante, alcohol, aceite de xirasol, fairi, e mel. Na
probeta situaríanse todos estes materiais por capas, diferenciadas
por culpa da diferencia entre as densidades. A esta probeta
engadiríaselle elementos comestibles, coma por exemplo unha mazá, e
estes situaríanse no líquido que tivese a mesma densidade ca el.
Xa
na última parte, e a modo de conclusión do acto, realizamos un rosco de preguntas para saber o atentos que estiveron o resto dos alumnos. Este rosco
foi presentado por Uxía. Todo o traballo foi realizado polos alumnos
de ciencias de 2º de BAC, xunto coa profesora Nuria Sánchez.
Jorge Tomé, 2º BAC
Comentarios
Publicar un comentario