DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC

O pasado venres 10 de maio despedimos aos alumnos de 2º BAC que remataron a súa andadura no centro. A profesora Manu Balsa organizou e dirixiu unha gala na que os mestres de ceremonia foron os alumnos de 1º ESO. 
Houbo varias actuacións que sorprenderon aos homenaxeados coma os bailes de Richard de 3º ESO e das alumnas Lucía e Daniela de 1º ESO, os chistes de Juan de 1º BAC, o recitado do poema "Viaxe a Ítaca" por parte de Maite  e a música de Laura e Nuria de 4º ESO. Por parte dos profesores, Fran interpretou un rap que fixo as delicias de todos.
A titora Teresa e a delegada Thalía dixeron unhas palabras e o acto rematou cuns agasallos que lles foron entregados a todos os alumnos de 2º BAC aos que despedimos con tristeza pero desexándolles unha feliz nova etapa.



Comentarios