E rematamos o club de lectura de 2º ESO deste curso!
Chega o final de curso e os integrantes do club de lectura de 2º ESO tivemos a última reunión para falar da lectura seleccionada Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra i Fabra. Como actividade final decidimos imaxinar á protagonista da historia, Elsi, xa adulta, agradecéndolle a Frank Kafka que a axudase a superar a pérdida da súa boneca Bríxida. Aquí tedes algunhas das mellores cartas escritas polos compoñentes do club de lectura: Para: Frank Kafka De: Elsi Guitiriz, Lugo, 27300 5 de xuño de 1960 Bos días Franz: Estaba remexendo e organizando a miña habitación cando, para a miña sorpresa, atopei unha carpeta rosa chea de papeis. Eu non sabía o que podía conter aquilo, entón decidín abrilo. Levei unha enorme ilusión cando me decatei do que era, eran as cartas que vostede me escribira! Durante moito tempo, vostede escribírame un montón de cartas polo nome de Bríxida, que era a miña preciosa boneca de por aquel entonces. Lin todas as carta...