PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 3 de junio de 2019



Poéticas Diversas no IES Poeta Díaz Castro.


O alumnado de música do centro sempre en activo colaborando coa nosa biblioteca, presenta as súas creacións musicais, para achegarse aos grandes da literatura, a través da música.



A creatividade do alumnado de música primou nestas xornadas do mes de maio, un tempo para traballar en aula poemas que falan de auga, de natureza, de choiva e mar. A poesía e a música mais fresca interpretada e recitada polo noso alumnado. Unhas creacións artísticas útiles para traballar a poesía en calquera materia, cunha base rítmica sinxela ou utilizando instrumentos musicais da aula.


Rodri, un alumno moi especial e moi querido polos seus compañeiros, improvisa sobre un poema de Darío Xohán Cabana, demostrando que a música e a poesía son ferramentas de expresión coas que superar calquer barreira. A inclusión é un feito e un obxectivo acadado neste proxecto.

 

 Aproveitamos tamén estes traballos para participar no concurso "Galicia, auga, literatura e rap" convocado por a Voz da Escola e Viaqua. Tivo moito éxito o traballo realizado por estes alumnos de 2º da ESO, demostrando que o rap, pode ser algo delicado e sutil, cheo de riqueza armónica e  terminolóxica enriquecendo os marabillosos  textos de Rosalía de Castro.



Carla e Catalina traballaron "En las Orillas del Sar". Podedes atopar mais traballos que subiremos en breve á nosa canle; 





No hay comentarios:

Publicar un comentario