NOVA SECCIÓN: OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA


OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA NO IES POETA DÍAZ CASTRO


Neste blog podedes atopar as últimas novas de actualidade que falan de mulleres emprendedoras, de mulleres que loitaron e que loitan, por facerse ver, para que se escoite  a súa voz. Un observatorio de ollos abertos ao mundo, para facer visible e entender a importancia social do papel da muller. 

Esta semana Dª Sara Veres, veciña de Guitiriz, protagonista do noso observatorio de igualdade e tamén a Táboa Periódica de Mulleres Científicas. Botade un ollo!!


OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA

Clara Campoamor, preside o noso observatorio.


 Este punto de encontro neste observatorio de igualdade está aberto a toda a comunidade educativa. Podedes participar, coas vosas investigacións, propostas ou novas atopadas, enviando un correo a nosa conta biblioguiti@gmail.com.
 Agardamos as vosas propostas.

🔺Entrade neste muro e buscade inspiración para debatir e traballar nas aulas e na casa. 

Comentarios