NOVEMBRO POLAS VOCES SEN VOZ




NOVEMBRO,

 POLAS VOCES QUE PERDERON A SÚA VOZ


O mes de novembro na aula de música do IES Poeta Díaz Castro, foi un mes cheo de poesía e acordes que estudar. Notas, ritmos e instrumentos variados, algúns creados con materiais de refugallo, animados polo proxecto do centro "aclimatate". Días  para revivir coa música da nosa profesora Sandra Tenreiro o poema  "Voces sen voz" de Luz Campello veciña de Guitiriz. (Labrada). Puxemos toda a nosa enerxía cantando e tocando por elas, polas voces sen voz.  


Por aquelas que non deixaron ser, polas que non deixaron falar, polas que baleiraron a súa voz e polas que non puideron botar fora o que sentían ou o que pensaban. Por todas elas canta e toca esta BANDADA de bacharelato, que tamén tivo que sacar e buscar a súa voz alí onde nunca a escoitara antes. A música e a poesía, son ferramentas que poden acabar coa  violencia. 



"Sempre lles digo aos meus alumnos, que desafinar e marabilloso  sempre que sexa por unha boa causa e non intencionadamente.É a mellor maneira de descubrir que tes voz propia e podes usala, así que non teñades medo de desafinar nunca." 

                                                                                                                              Sandra Tenreiro.

Comentarios