INVESTIGANDO SOBRE A UNIVERSIDADE

O alumnado de 1º de bacharelato inmersos nunha investigación sobre estudos universitarios visitaron a Universidade de Santiago de Compostela para coñecer de primeira man as diferentes carreiras que se ofertan nos campus Norte e Sur. Na materia de lingua castelá escoitaremos as exposicións vinculadas a esta investigación.

     Guerreiro de Lesenho        
Despois do xantar no comedor universitario Monte da Condesa  achegaronse á Cidade da Cultura para percorrer a exposición “Galicia,un relato no mundo “,unha oportunidade para ollar pezas únicas da cultura e historia do noso país.
        A Santa, de Francisco Asorey
                                                  

E para rematar , comentarvos que fai pouco recibimos a visita de varios ex-alumnos que compartiron  as súas vivencias na universidade cos compañeiros/as que se atopan neste curso en 2º BAC. 
Gracias a Javier, Jesús, Manel, Brais, Alex, Diego e Oscar por adicarnos un pouquiño do seu tempo.


Comentarios