BIBLIO POETA DÍAZ CASTRO
Ven a nosa biblioteca!. Un centro de recursos para toda a comunidade. Un lugar de encontro, viveiro de cidadanía, aprendizaxe e creación, no que podedes levar a cabo diferentes proxectos, compartir charla nos clubs de lectura, participar nos diferentes obradoiros e xuntanzas. Aquí todo é posible.
Convida tamén a túa familia e non vos perdades as novidades que van chegando cada semana.
A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
A BIBLIOTECA...
máis necesaria ca nunca.
A biblioteca do IES Poeta Díaz Castro mantense
aberta, gracias á boa actitude d@s usuari@s á hora de poñer en práctica neste
espazo os protocolos actuais en relación á situación de pandemia. A biblioteca
esta viva e transformase para vivir esta
nova realidade, achegando os fondos e recursos a tod@s cando máis se necesitan e facendo posible
o traballo en equipo nela gracias a cooperación de todos os que "facemos
biblioteca".
Este
curso manteremos a distancia, seremos prudentes, pero o noso obxectivo principal
e facer vida neste espazo, para traballar nos diferentes proxectos por niveis.
O noso lema; "Na distancia mais conectados que nunca". A biblioteca
virtual ou física, ao alcance de todos.
Estamos argallando novas maneiras de
conectarnos para chegar a cada familia, a cada compañeiro que precise de nós. Iremos
contando as novidades con traballos audiovisuais de carácter inclusivo.
Exemplo
disto, este 2º vídeo do curso, está vez preparadocoa axuda do alumnado de música de 1º de
Bacharelato, que con este traballo, presenta as pautas básicas da biblio aos seus
novos compañeiros no centro, dunha forma amena.
Ángela 4ºA Eu leo porque cada vez que o fago desconecto de todo e estou noutro mundo completamente diferente ó meu, e eso gústame e reláxame moito, sobre todo cando o que leo é un libro que me gusta, porque tamén se leo algo que non me gusta pero é obrigatorio agóbiome e dame moita pereza ler, hai de todo. O libro que recomendo é Crepúsculo, para min é un dos mellores libros que se pode ler.
A raiz dunha iniciativa da ONG Implicadas No Desenvolvemento , titulada: Para que les? moitas Bibliotecas Escolares de Galicia, están a participar con vistas ao Día do Libro nunha exposición conxunta, coa intención é facer reflexionar sobre os miles de motivos que nos levan a ler. Desde a ONG propóñenlle a xente coñecida, e non tanto, que contesten en non máis de 140 caracteres, á pregunta Para que les?. As respostas publícanas no seu blog: http://implicadas.blogaliza.org/ A maiores desde o CEIP Milladoiro-Malpica propoñen a actividade Foto lendo dun persoeiro (preferentemente non vinculado ao mundo dos libros) máis a súa Proposta de lectura A nos pareceunos unha bonita iniciativa. Pero nos non somos persoeiros coñecidos aínda que tamén nos gusta ler, así que, como participar nesta iniciariva? Desde a Biblioteca copiamos estas propostas e as adaptamos un pouco ó noso centro. Como o imos facer? Propoñémosche que, en non máis de 140 caracteres, contestes á pregunta para que les?. Mánda...
O cantar do arrieiro e un cantar moi baixiño. Paseniño como arrieiros, levamos anos cantando na Biblio do Poeta Díaz Castro. Non vos esquezades que mesmo temos un disco Nimbos de Música pois a nosa profesora Sandra Tenreiro, compuxo a música para o poemario de X.M. Díaz Castro (Letras Galegas 2014) . Seguimos un ano mais facendo música para a festa das Letras Galegas. Neste curso escolar dous proxectos de cantares e cantareiras, mantiveron a biblioteca a tope de traballo. O concurso E ti que cantas? no que o alumnado de 2º da ESO, investigou sobre as cantigas e cantares, descubrindo a través delas a orixe, a l ingua, os ritmos e a linguaxe musical. Degullaron algunhas das partituras do Cancioneiro Galego ate conseguir interpretalas. Un traballo constante e minucioso no que tivemos grupos gañadores, pola súa boa interpretación e traballo en equipo. Alumnado 2º ESO. E ti que cantas? Este traballo rematou cunha merendiña no pobo, lemb...
Comentarios
Publicar un comentario