Xeografía poética contemporánea


Decembro de 2020: mes complexo, rebordando probas e traballos para entregar... semellaba que non quedaba osíxeno para respirar.

Pero sempre hai oco para a poesía: nesta ocasión no club de lectura de BAC fixemos unha improvisada antoloxía de textos breves, escollidos destas obras de referencia que vos deixamos na imaxe. Botádelles un ollo... seguro que atopades versos ao pé dos que abrigarvos nestes tempos difíciles, como fixemos nós.

Foi fai un mes, o 21 de decembro, na biblio, coma sempre, cando as candeas xa alumaban anunciando días de lecer e aínda sen saber que Xela Arias ía ser a protagonista do Día das Letras 2021...

Logo volveremos a erguer as nosas voces, neste camiño poético 😏

E máis nestas datas, coas farolas de Guitiriz inzadas de poesía, grazas á Nova Poesía Guitirica!

Comentarios