BIBLIO POETA DÍAZ CASTRO
Ven a nosa biblioteca!. Un centro de recursos para toda a comunidade. Un lugar de encontro, viveiro de cidadanía, aprendizaxe e creación, no que podedes levar a cabo diferentes proxectos, compartir charla nos clubs de lectura, participar nos diferentes obradoiros e xuntanzas. Aquí todo é posible.
Convida tamén a túa familia e non vos perdades as novidades que van chegando cada semana.
CREAcción Día do Libro 2021 Cap. 2 " Ollo ao dato"
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
CREAcción da curta " Ollo ao dato"
Cap. 2
Como tiñamos prometido, hoxe estreamos o Cap.2 da serie " Non todo é branco ou negro" (cine mudo) titulado "OLLO AO DATO". Se o anterior capitulo, publicado o 13 de abril no blog, foi adicado a unha reflexión sobre a biblioteca que queremos ter e a importancia de facer que sexa un punto de encontro e diversidade atendendo as necesidades dos seus usuarios, nesta segunda entrega, facemos referencia a inclusión e atención a alumnado con necesidades específicas. Neste 2º capítulo o alumnado do segundo curso da ESO do grupo B, conta a historia dunha rapaza a que lle gustan as matemáticas pero como ten problemas coa súa agudeza visual, precisará a axuda do noso Charles Chaplin; un compañeiro empático que busca recursos para poder axudala.
Novamente toda a música utilizada forma parte dos recursos que temos na nosa biblioteca, un xeito ameno de achegarse a coñecer e entender diferentes estilos. No cap. 1 " Isto non é unha biblioteca" traballabamos coa música de Duke Ellington e Dizzy Gillespie, nesta curta utilizamos clásicos como J.S Bach, Mozart, Rossini e Chopin. A curta de 4´ pechase novamente cunha pregunta para a reflexión en aula.
A raiz dunha iniciativa da ONG Implicadas No Desenvolvemento , titulada: Para que les? moitas Bibliotecas Escolares de Galicia, están a participar con vistas ao Día do Libro nunha exposición conxunta, coa intención é facer reflexionar sobre os miles de motivos que nos levan a ler. Desde a ONG propóñenlle a xente coñecida, e non tanto, que contesten en non máis de 140 caracteres, á pregunta Para que les?. As respostas publícanas no seu blog: http://implicadas.blogaliza.org/ A maiores desde o CEIP Milladoiro-Malpica propoñen a actividade Foto lendo dun persoeiro (preferentemente non vinculado ao mundo dos libros) máis a súa Proposta de lectura A nos pareceunos unha bonita iniciativa. Pero nos non somos persoeiros coñecidos aínda que tamén nos gusta ler, así que, como participar nesta iniciariva? Desde a Biblioteca copiamos estas propostas e as adaptamos un pouco ó noso centro. Como o imos facer? Propoñémosche que, en non máis de 140 caracteres, contestes á pregunta para que les?. Mánda...
Ángela 4ºA Eu leo porque cada vez que o fago desconecto de todo e estou noutro mundo completamente diferente ó meu, e eso gústame e reláxame moito, sobre todo cando o que leo é un libro que me gusta, porque tamén se leo algo que non me gusta pero é obrigatorio agóbiome e dame moita pereza ler, hai de todo. O libro que recomendo é Crepúsculo, para min é un dos mellores libros que se pode ler.
O cantar do arrieiro e un cantar moi baixiño. Paseniño como arrieiros, levamos anos cantando na Biblio do Poeta Díaz Castro. Non vos esquezades que mesmo temos un disco Nimbos de Música pois a nosa profesora Sandra Tenreiro, compuxo a música para o poemario de X.M. Díaz Castro (Letras Galegas 2014) . Seguimos un ano mais facendo música para a festa das Letras Galegas. Neste curso escolar dous proxectos de cantares e cantareiras, mantiveron a biblioteca a tope de traballo. O concurso E ti que cantas? no que o alumnado de 2º da ESO, investigou sobre as cantigas e cantares, descubrindo a través delas a orixe, a l ingua, os ritmos e a linguaxe musical. Degullaron algunhas das partituras do Cancioneiro Galego ate conseguir interpretalas. Un traballo constante e minucioso no que tivemos grupos gañadores, pola súa boa interpretación e traballo en equipo. Alumnado 2º ESO. E ti que cantas? Este traballo rematou cunha merendiña no pobo, lemb...
Comentarios
Publicar un comentario