Convivencia e Inclusión. Un ano cheo de actividades.

 ACCESIBILIDADE COGNITIVA _ 3 DECEMBRO “DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE” 



O alumnado de 2º ESO únese ao reto de Plena Inclusión co lema “ Accesibilidade cognitiva xa!  para que o mundo sexa máis sinxelo de entender para todos/as, especialmente para as persoas con diversidade funcional.







VER PARA ERRADICAR  


Obradoiro de Igualdade de xénero dentro do programa “Ver para erradicar” impartido pola Asociación ACADAR de Lugo.





























8 M _ EXPOSICIÓN MULLERES TRANS


Coincidindo coa celebración do 8 M coñecimos a traxectoria e aportacións de dez mulleres trans en diferentes ámbitos (ciencia, cultura, deporte,..) a través dunha exposición situada á entrada da Biblioteca. Realizamos un xogo de encrucillado , con premio para os que lograron completalo. 














OBRADOIROS SENSIBILIZACIÓN _ DIVERSIDADE FUNCIONAL


A Federación de Asociacións de Persoas Xordas aportounos unha visión próxima de como perciben o mundo as persoas con discapacidade auditiva e cales son barreiras que afrontan día a día. Coñecimos de primeira man a labor dun interprete de lingua de signos e tamén algúns signos básicos para manter unha conversa.









Alumando de 1º e 2º ESO _obradoiro de lingua de signos




































 OBRADOIRO DE BRAILLE


Achegámonos á lectura e escritura en braille empregada polos persoas con discapacidade visual e comprendemos a importancia da inclusión educativa, social e laboral. Gracias á ONCE por esta experiencia tan enriquecedora 




























# ETIQUETADOS


As etiquetas sociais nos limitan, como desfacernos delas… esta foi a misión que tivo que investigar o alumnado de 3º ESO.  





OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL


Afectividade e sexualidade non se improvisan.  Si queremos ter relacións saudables é vital saber como somos, como funcionamos…comprendernos, aceptarnos, respectarnos e por énfase nun crecemento afectivo sexual positivo. 



















 ACOLLIDA DOS FUTUROS ESTUDANTES/AS


Alumnos/as guías de 1º ESO presentan o Instituto aos futuros estudantes que se atopan rematando a etapa de educación primaria.  Convivencia e aprendizaxe xuntos!






Grazas ao departamento de orientación por compartir con nós este historial de actividades  pola convivencia e inclusión realizadas ao longo de todo o curso escolar.


Comentarios