Obradoiro 

de Regueifa

con

Lupe Blanco


Antes de comezarmos as vacacións de verán, puxemos en práctica a nosa habilidade e enxeño. Tivemos connosco á regueifeira bergantiñá Lupe Blanco impartindo un obradoiro en 1º ESO. Lupe ensinounos a arte da improvisación oral en verso, falounos sobre a súa evolución e descubrimos outras manifestacións similares que non só na Galiza, senón que tamén fóra. 

Aquí a mostra dos grandes regueifeiros do centro

Ademais, coñecimos a dous improvisadores veciños de Guitiriz: Reinote, coñecido como "O Capador",e a Josefa da Requecha.



Comentarios