Preparadas, cámara, acción! .

 


Preparadas, cámara... Acción!
A perspectiva de xénero detrás da pantalla.

 

O pasado venres, fomos convidados a participar no obradoiro dirixido por

Ainhoa Martínez Álvarez;"Preparadas, cámara, acción!! na Biblioteca

Casa Habanera do noso concello, dentro do programa Ler Conta Moito.

Un grupo de biblio usuarios do Poeta Díaz Castro, fomos os elexidos para participar, 

xa que o aforo era limitado.

O obxectivo principal; identificar a perspectiva de xénero na gran pantalla. 




Tras unha reflexión sobre as películas que coñecíamos...Protagonistas, historia que se narra, papeis das mulleres no cine, diante e detrás das cámaras. Logo, tocaba traballar cos guións e identificar nos diálogos os textos que empoderan o papel da muller no cine ou pola contra a plasman en roles femininos ou en papeis secundarios, subordinados a unha figura principal masculina.

Aquí deixamos unhas fotos traballando nos guións.


 Finalmente, chegaba o mellor do proceso; poñer as nosas voces a eses diálogos de películas que todos coñecíamos. Aquí foi evidente que "Ler Conta Moito"; vocalizar, respirar, respectar as pautas, a entonación e interpretación. A dobraxe é unha profesión complicada, pero mirade que ben nos defendemos!.



 


Comentarios