Esa cabeciña... e outras novas
Isto terá unha segunda parte o próximo venres 4, non esquezades aportar os vosos textos para comentar!
No que se refire á sección de adultas, retomamos actividade o pasado xoves ;-)
Comentamos Golpes de luz, de Ledicia Costas, e Camuflaxe, de Lupe Gómez. Co poemario fixemos unha actividade interactiva, como podedes ver grazas á montaxe de Yolanda.
![]() |
| E ben, en breve teremos nas mans As malas mulleres... |
Chegou tamén un novo recoñecemento á curta Días contados, na que participou unha boa parte da rapazada do club de lectura de poesía. Consultade a páxina web do centro... e as redes, claro!
Parabéns para el@s e para todas as persoas que o fixeron posible!





Comentarios
Publicar un comentario