Todos os camiños levan a Vilalba

Despois das convocatorias, veñen os premios!

E para dalos, houbo que xulgar as historias. Un motivo máis para encontrármonos na biblio...

O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados.

Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns.

Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas" leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético. 

Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes

A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro!

A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra do que foi aquilo. 

"Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva

"Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria

"Cada ovella coa súa parella", para unir obras e autoras/es

Obradoiro de regueifa, da man de Almudena Falcón

E xa veredes cando nos visiten a nós! 

Iso será despois do certame de vilariñas... :-)





Comentarios

  1. Parabéns polos premios e sobre todo por tanto traballo ben feito

    ResponderEliminar

Publicar un comentario