Todo son contos
Primeiro escribir e despois ler.
![]() |
| Hugo Sanmartín, accésit na categoría B, falounos do seu relato |

Aquí con María Gómez, 1º premio de adultas, e Marbelys Lara
A sección de maiores do clube de lectura tamén se reuniu nestas datas para comentar o Tierra e A neta do señor Linh. Coma sempre, a xuntanza deu para bastante máis que falar de libros... grazas polo convite, Anabel!
O clube de conversa segue dando que falar en portugués. Desta volta, non demos puntada sen fío!
E aínda máis: o alumnado de FP Básica e do Ciclo Medio de soldadura animouse a escribir relatos a partir dalgúns debuxos de Cousas de Castelao, para o certame que promoveu dinamización. Dá xenio velos.
![]() |
| Ciclo Medio de Soldadura e equipo de biblioteca, proceso de escrita e produción final |
![]() |
| Relatos do alumnado de FP Básica sobre debuxos de Castelao |






Comentarios
Publicar un comentario