Maio vilariño

 Aló foron as nosas vilariñas. Máis de sesenta, entre as dúas categorías xuvenís e as adultas. 

Categoría A, de 12 a 15 anos

   Categoría A, de 12 a 15

 Categoría B, de 15 a 18

E viñeron as de Vilalba, que dan que falar... non é doado escoller, pero niso andamos. 

Alumnado realizando as súas valoracións nun recreo

A finais de mes, o alumnado do IES Basanta Silva virá visitarnos, haberá que facerlles un recibimento!

A sección de maiores do CL reuniuse onte á tardiña, para comentar de El síndrome de la impostora e Sabor a ti, aínda que coa nosa anarquía habitual, recuncamos noutras como as Instrucións para tomar café, O perfume, La vida era eso ou Tierra. As seguintes lecturas son As malas mulleres e Por si las voces vuelven, pero Con pés de la cadrounos ao pelo para falar de lingua e poñer en común a fraseoloxía do galego que cadaquén emprega a cotío.

Debullando lecturas e experiencias, a sección de adult@s

E case todo maio por diante aínda! 

Comentarios